|
SEXTIANARIO: trinta e seis + tres acada o galardón ao mellor libro de poesía nos premios que anualmente convoca a Asociación de Escritores en Lingua Galega. Marica Campo recupera neste poemario as sextinas, unha métrica que se utilizou por primeira vez na poesía trovadoresca.
NOVA COLECCIÓN DE POESÍA “EDOY LELIADOURA” Sotelo Blanco Edicións publica, na súa nova colección de poesía Edoy Leliadoura seis títulos: Sextinario, trinta e seis + tres, de Marica Campo, Os poemas de como se rompe todo, de Daniel Salgado, Memoria de Ahab, de Rafa Villar, Derrotas con raíces, de Modesto Fraga, Onde o ollar comeza a doer, de X.Antón L.Dobao e Bingo de Pilar Beiro. A nova colección de poesía Edoy Leliadoura que presenta Sotelo Blanco Edicións, con deseño de Andrés Meixide, quere ser, como o seu nome indica, herdeira e continuación do labor realizado pola histórica e dalgunha maneira xa mítica colección Leliadoura, na que se publicaron algúns dos libros máis importantes da poesía galega dos anos 1980, e que foi, tamén, testemuño e actor do renacer poético da Galiza daqueles anos. Conscientes do importante herdo recibido, Edoy Leliadoura aspira a ser o reflexo das diversas constelacións poéticas que atravesan e iluminan a poesía galega actual. Constelacións que están representadas nos primeiros volumes que hoxe presentamos da colección, ao tempo que non renuncia a pór en galego importantes voces da poesía universal. Hoxe, cando a poesía necesita máis lectores que defensores. Hoxe, como di John Berger, a poesía fala máis directamente á ferida que á prosa, esta nova colección quere gañar novos lectores para a poesía e ao tempo enorgullecerse de que os poetas publicados falasen directamente a esa ferida, máis profunda cada día, e de non ser indigna da súa antecesora. Sextinario: trinta e seis + tres - Marica Campo Os poemas de como se rompe todo - Daniel Salgado Memoria de Ahab - Rafa Villar Derrotas con raíces - Modesto Fraga Onde o ollar comeza a doer - X.Antón L.Dobao Bingo - Pilar Beiro
ISBN:
Prezo:
|