web sección +Buscas


 

Pulsa para ir ó colectivo Bubela

 

 

 

Didáctica

 

A colección didáctica e mailos libros de texto aquí presentados diríxese ó mundo do ensino, achegando anovadoras propostas para ese ámbito, tanto respecto do traballo dos mestres e educadores coma dos alumnos. Sempre co obxectivo de romper coa rutina e ofrecer uns textos con aplicación directa na aula pero concibidos desde un punto de vista nada tradicional e seguindo as directrices sinaladas na Reforma Educativa, Sotelo Blanco Edicións ten como finalidade fornecer un material para o ensino versátil, con capacidade de adaptación a diferentes circunstancias e graos de desenvolvemento dos alumnos, cunha aplicación doada e unha realización técnica e unha programación didáctica que estimulen e faciliten a aprendizaxe.

As características principais do material didáctico que presentamos nesta sección son o coidado posto na súa elaboración e o ser froito dun traballo previo na aula, pois que os seus autores aproveitaron a experiencia docente para seleccionar e facer posibles as distintas actividades e maila consecución dos obxectivos propostos, todo isto sen abandonar esa pretensión de sinxeleza e claridade que vai unida inevitablemente á utilidade do labor docente e que é unha parte importante do apoio que se lle pode dar ós alumnos.

 

  Matemáticas

Libros estruturados en función da idade; pretenden, mediante a manipulación, a acción motivadora e a desinhibición, achegar o alumno da Educación Infantil ó pensamento con e sobre o corpo, que facilitan a realización de accións, a súa coordinación e interiorización e, como consecuencia, a elaboración simbólica e conceptual.

  Lectura e escritura

Material complementario para a iniciación e aprendizaxe da lingua galega.

  Coeducación



  Música

Para a aprendizaxe da música na Educación Infantil e mais no Primeiro Ciclo de Primaria. Desenvolve os conceptos básicos da música a través do xogo e a creatividade.

  FP - Ciclos Formativos



  Actividades didácticas



  Libros de texto