O paso do noroeste
Xavier Queipo

Páxinas: 184 pax.
ISBN: 84-7824-287-2


Premio García Barros 1996. A novela de Xavier Queipo narra o periplo que o capitán Duchesnoy, ó mando de L’Épée —unha fragata francesa que parte xusto un ano antes da revolución de 1789—, seguirá polos mares do Atlántico Norte cunha expedición que ten como obxectivo a busca dun paso que polo noroeste leve ó Xapón e mais á China. Para iso non só deberán loitar coas dificultades que impón unha natureza dura e esgrevia senón tamén coa presencia fantasmal das tropas inglesas e a difícil relación cos poboadores daquelas terras. Desde a tempestade máis violenta á inmobilidade total do mar xeado, pasando polas tribos de esquimós, os portos baleeiros ou o encontro con animais sorprendentes e descoñecidos, o narrado por Xavier Queipo ten a capacidade de seducción da mellor literatura.
Prezo:    10,50 Euros