Lectura:
PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO 2006 A Comisión de Normalización Lingüística da FEREGA-CECA (Escolas Católicas) organiza o Premio Literario "Frei Martín Sarmiento", no que rapaces de diversas idades len unha serie de libros do mercado editorial galego, e escollen o que cren mellor, para recomendalos como libros de lectura nos colexios. Este ano foi galardoado o libro de X.H.Rivadulla Corcón "O ELEFANTE DUNHA SOA ORELLA", na categoría de 8 a 10 anos. Este libro relátanos a historia dun elefante de peluche ó que construíron cunha soa orella e como este sentía que tódolos xoguetes eran preferidos polos rapaces antes ca el porque tiña unha soa orella. Unha rapaciña, orfa de nai, pretende que o pai llo regale polo seu aniversario e logo de moitas peripecias, e grazas á axuda dunha cadela vagabunda e á nova compañeira do pai, acadará o seu ansiado elefantiño de peluche. Un conto cheo de sensibilidade que fará que os rapaces de 8 anos en diante poidan gozar da lectura e atopen naquilo que non é perfecto o mellor dos regalos.
Temas:
Xénero:
Nivel:
Primeiros lectores
Autor(es):
|