Naceu en Chicago en 1936. Casou con 18 anos e aos 25 xa tiña cinco fillos. En 1964 uniuse á prestixiosa organización Mensa, que reúne a persoas cun elevado coeficiente intelectual.

Despois de asistir a clases nocturnas de álxebra, física e mais electrónica, estudou na Portland State University e na University of Portland. En 1976 obtivo o seu MBA. Tamén recibiu títulos honoríficos da University of Maine e mais do Mount Vernon College.

Unha noite de 1977 comezou a lle dar voltas á historia dunha muller da Idade do Xeo que viviu con outros humanos que eran diferentes na súa evolución. A súa grande curiosidade levouna a pasar meses en bibliotecas, a realizar cursos de supervivencia, nos que aprendeu os métodos dos nosos antepasados, e a viaxar polo leste e oeste de Europa. Nun estourido de enerxía creativa escribiu o primeiro esbozo da serie completa en só catro meses.

As exhaustivas lecturas das obras máis prestixiosas sobre a prehistoria, ademais dos múltiples e constantes   contactos cos máis relevantes especialistas nesta materia, permitiron que se converterse nunha douta das formas de vida e da evolución étnica e cultural daquelas sociedades primitivas.

Hoxe é unha das autoras máis coñecidas en todo o mundo e moi apreciada por lectores de todas as idades. A serie Os Fillos da Terra,® ambientada na Europa prehistórica, explora a relación entre as dúas especies humanas, Cro-Magnon e Neanderthal. As novelas foron aclamadas internacionalmente polo seu inconfundible estilo narrativo, pola súa meticulosidade nos detalles e polo seu rigor científico.

Sitios de interese sobre Os Fillos da Terra e a súa autora:

Blog de Los Hijos de la Tierra (español)

Os Fillos da Terra na Wikipedia

Os Fillos da Terra no Facebook

Jean M. Auel na Wikipedia (español)

Facebook de Jean M. Auel

Noticias

Novidades da Trabe