O noiro

Email
Coas turbulencias que se desencadean nos anos trinta, chegan á vila acontecementos que interrompen o transcorrer apracible dos días. Na escola queda sen rematar a tarefa dunha redacción.

Prezo
12,00 €
Prezo / kg:
Descrición

Un dos nenos, convertido en combatente e tras experimentar en si mesmo o desmoronamento que o induce a terminar de escribila, saberá que o vello mestre é un dos mortos e desaparecidos,
deixando ese oco, esa débeda que irá incluso máis alá do límite da súa propia vida cando por fin se poñan os medios para atopar os restos e lle pida a un amigo que a salde no seu nome.

Esta é unha novela sobre a expiación, mais detrás está tamén o arrepío da violencia, a viaxe ao seu tempo, aos seus lugares, á persistencia inescrutable do ser primario ou a sorte de xeira escura do racional. Tamén á violencia do esquecemento, ese talude, ese noiro que quizais só sexa posible salvar regresando precisamente á inocencia (a redacción) do propio ser orixinario.


{title} {text}

Autor/a:
Antonio Piñeiro
ISBN:
978-84-7824-653-3
Páxinas :
94

Noticias

Novidades da Trabe