
Ayla, unha nena Cro-Magnon de cinco anos queda soa no mundo tras un terremoto que fai desaparecer a súa tribo. Atacada por un león das cavernas, un grupo de neanderthalenses rescátaa dunha morte segura. Iza, a curandeira, acóllea como filla adoptiva e lle trasmite os seus coñecementos. Mog-ur, o gran meigo neanderthalense, percibe na nena a pegada dun dos espíritos máis poderosos, o do león das cavernas, pero para o resto do clan sempre será unha estraña, unha nena loura e de ollos azuis que posúe unha linguaxe vocálica insólita e unha habilidade excepcional para cazar, actividade prohibida para as mulleres do Clan.
O clan do oso das cavernas é a novela que abre a saga das aventuras de Ayla. Así comeza a serie que fixo que millóns de persoas puidesen vivir a Idade de Pedra como nunca antes fora posible. Os Fillos da Terra transmite os valores universais que só unha obra mestra da literatura pode materializar e, a través dela, Jean M. Auel transpórtanos aos albores da humanidade para mostrarnos que, despois de miles de anos de historia, seguimos sendo humanos e continuamos a enfrontarnos ao noso reto máis esencial: vivir a vida que nos leva.
Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...
Ramón Blanco recibiu o XXIX Premio do Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, co que foi galardoado pola súa obra Se pedra na brétema. O premio outórgase polo Concello de Dodro en memoria do poeta local. O xurado destaca a coherencia interna dunha obra...
Xose Manuel Beiras, Olegario Sotelo Blanco, Xosé Luís Méndez Ferrín e Antón Figueroa O Consello de Redacción da revista propúxose levar a cabo unha xira de presentacións por todo o país co gallo de celebrar o seu número 100, que supón vinte e cinco anos...