|
No noso catálogo a narrativa é
un dos xéneros centrais, nel destaca a colección Medusa Narrativa,
que, amais de contar con algúns dos narradores galegos máis
interesantes e anovadores, a partir de 1992, tamén vai incluír
traduccións para o galego de obras publicadas orixinariamente
noutras linguas. Autores hoxe fundamentais para entede-la
evolución da nosa narrativa a partir dos noventa, coma Xurxo
Borrazás, Aníbal C. Malvar
ou Xavier Queipo e abríndose
a colección a autores estranxeiros de prestixio coma William
Golding, Karen Blixen,
J. D. Salinger, Richard Ford
ou Paul Auster.
O ensaio é outro dos eidos necesarios
para a consolidación da nosa cultura, xénero ó que Sotelo
Blanco dedica a colección Estudios e Investigacións, na que
se publican importantes traballos relacionados con diversos
aspectos do pensamento, a historia ou as ciencias sociais,
entre eles a Historia
da lingua galega, de Ramón
Mariño Paz, unha obra de referencia para a cultura galega.
|