|
María Pilar García Negro, gañadora do XV Premio Vicente Risco de CC.SS 05/03/2010
Concedeuse o XV PREMIO “VICENTE RISCO” DE CIENCIAS SOCIAIS ó traballo presentado co lema Firmiter in re, suaviter in modo e co título O clamor da rebeldía. O nacemento do ensaio na literatura galega contemporánea, simultáneo ao nacemento da conciencia de xénero: análise e interpretación de textos rosalianos.
|
|
|
|
FALLO DO XV PREMIO VICENTE RISCO DE CIENCIAS SOCIAIS 26/02/2010
O SÁBADO, DÍA 27 DE FEBREIRO, ÁS 12:30 h. NA SEDE DA FUNDACIÓN SOTELO BLANCO, DARASE A COÑECER NUNHA ROLDA DE PRENSA A DECISIÓN DO XURADO DA XV EDICIÓN DO PREMIO “VICENTE RISCO” DE CIENCIAS SOCIAIS
|
|
|
|
Xurado do XV PREMIO VICENTE RISCO DE CIENCIAS SOCIAIS 15/01/2010
Os concellos de Allariz e Castro Caldelas e mailas fundacións Vicente Risco e Sotelo Blanco comunican que o xurado da XV PREMIO “VICENTE RISCO” DE CIENCIAS SOCIAIS estará composto por: Teresa Devesa Graña, concelleira de Cultura do Concello de Allariz; Fernando Acuña Castroviejo, profesor da Universidade de Santiago; Xosé María Eguileta Franco, Arqueólogo Municipal do Concello de Ourense; Luís Martínez-Risco Daviña, en representación da Fundación Vicente Risco; e Francisco Fernández Rei, profesor da facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela e académico, que actuará como Secretario.
|
|
|
|
3ª visita de Bali Rai a Galicia 15/01/2010
Autor: Bali Rai
O escritor anglosaxón Bali Rai visitará de novo Galicia do 19 ó 23 de xaneiro para falar en distintos centros educativos da súa novela “Un casoiro ben mal amañado”
|
|
|
|
O NÁUFRAGO 15/01/2010
Autor: Xosé Antonio Pet Posse
Domingo, 24 de xaneiro, ás 5 da tarde, na FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL, de Ponteceso, Presentarase a obra publicada por Sotelo Blanco Edicióna na súa colección de Narrativa “O NÁUFRAGO” de Xosé Antonio Pet Posse Amais do autor do libro Xosé Antonio Pet Posse, intervirá X.H. Rivadulla Corcón, escritor e Miguel Mato Fondo, escritor.
|
naufrago.jpg
|
|
Presentación de UNICROM 15/01/2010
Autor: Rosa Enríquez
O XOVES, 21 DE XANEIRO, ÁS 8 DA TARDE, NA LIBRARIA PEDREIRA (Rúa do Home Santo, 55) de SANTIAGO DE COMPOSTELA, PRESENTARASE A OBRA PUBLICADA POR SOTELO BLANCO EDICIÓNS NA SÚA COLECCIÓN MEDUSA NARRATIVA “UNICROM” de Rosa Enríquez Amais da autora do libro , intervirá X.H. Rivadulla Corcón, escritor e Ánxela Gracián (directora da colección Medusa Narrativa)
|
|
|
|
BASES DO XV PREMIO VICENTE RISCO DE CIENCIAS SOCIAIS 10/09/2009
Co fin de honrar a memoria de Vicente Risco e asemade axudar á consolidación da nosa cultura e á normalización lingüística do galego, os concellos de Allariz e Castro Caldelas e mais as Fundacións Vicente Risco e Sotelo Blanco convocan o XV premio vicente risco de ciencias sociais, dotado con 6.000 euros.
|
Bases do Premio Vicente Risco.pdf
|
|
IV FEIRA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL GALEGO 03/04/2009
Os próximos días 3, 4 e 5 de abril, Area Central acollerá a cuarta edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego, evento organizado polo Consorcio Editorial Galego e as editoriais Baía Edicións, Sotelo Blanco Edicións e Edicións A Nosa Terra
|
|
|
|
Homenaxe a X.L. Méndez Ferrín 02/02/2009
O día 6 de febreiro celebrarase en Vigo o Acto de Homenaxe Nacional a X. L. Méndez Ferrín, con motivo do seu 70 aniversario e da presentación do libro A semente da nación soñada. Homenaxe a X.L. Méndez Ferrín, coeditado por Xerais e Sotelo Blanco. O acto, que se realizará no Auditorio do Centro Social Caixanova de Vigo (rúa de Policarpo Sanz, nº 26), comezará as 20:00 horas
|
|
|
|
Remata o prazo para a entrega de orixinais 14/11/2008
O domingo, 16 de novembro, remata o prazo de presentación das obras para concorrer ó XXI PREMIO EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN
|
|
|
|
A campaña de animación á lectura continúa con Pacopeco Pequeneiro 14/11/2008
TARDES COAS AVENTURAS DE PACO PECO. ESTA SEMANA O ROBOT QUE TOLEOU
|
|
|
|
Presentación en Dodro do libro Código Poético 07/11/2008
Autor: María N. Soutelo
O martes, 4 de novembro, presentouse na Casa da Cultura do Concello de Dodro o libro CÓDIGO POÉTICO, XX PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN.
|
|
|
|
Campaña de animación á lectura en galego 06/11/2008
|
|
|
|
Campaña de animación á lectura en galego 30/10/2008
Seguen as actividades de animación á lectura en Area Central, centro comercial de Santiago
|
|
|
|
XIV PREMIO VICENTE RISCO DE CIENCIAS SOCIAIS 29/10/2008
CONVOCADO O XIV PREMIO VICENTE RISCO DE CIENCIAS SOCIAIS
|
bases08.pdf
|
|
Campaña didáctica de animación á lectura en Galego 01/10/2008
CONTINÚA ESTA FIN DE SEMANA A CAMPAÑA DIDÁCTICA DE ANIMACIÓN Á LECTURA EN GALEGO «TARDES COAS AVENTURAS DE PACOPECO PEQUENEIRO» http://www.acentral.com/ http://www.xunta.es/linguagalega/animacion http://www.xunta.es/linguagalega/tardes_con_paco_peco
|
|
|
|
Premio de poesía Euseio Lorenzo Baleirón 23/07/2008
Autor: Concello de Dodro
O Concello de Dodro convoca o XXI o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
|
Bases Premio Poesia Eusebio 2008.pdf
|
|
Presentación en Santiago do libro "Migracións na Galicia contemporánea. Desafios para a sociedade actual" 29/02/2008
O XOVES, 28 DE FEBREIRO, ÁS 8 DA TARDE, NA LIBRARÍA COUCEIRO (Praza de Cervantes) de SANTIAGO DE COMPOSTELA, PRESENTOUSE A OBRA PUBLICADA POR SOTELO BLANCO EDICIÓNS NA SÚA COLECCIÓN DIÁSPORA INVESTIGACIÓNS MIGRACIÓNS NA GALICIA CONTEMPORÁNEA. Desafíos para a sociedade actual Interviron Francisco Xosé Fernández Naval (escritor), Juan Manuel Rey Rey (Alcalde do Exmo.Concello de Caldas de Reis), Xosé Manuel Cid (decano da Facultade de Ciencias da Educación en Ourense), Julio Miras Amor (subdirector xeral del Planificación das Políticas de Retorno e da Inmigración e Olegario Sotelo Blanco (editor de Sotelo Blanco Edicións )
|
Migracions na Galicia contemporánea.doc
|
|
XIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 27/02/2008
O SÁBADO, DÍA 8 DE MARZO, ÁS 12:30 h. NA SEDE DA FUNDACIÓN SOTELO BLANCO, DARASE A COÑECER NUNHA ROLDA DE PRENSA A DECISIÓN DO XURADO DA XIII EDICIÓN DO PREMIO “VICENTE RISCO” DE CIENCIAS SOCIAIS
|
|
|
|
PRESENTACION DO LIBRO "NOS DOMINIOS DA INCERTEZA. HISTORIAS ECONÓMICAS" 11/12/2007
Autor: MANOLO BLANCO DESAR
O XOVES, 13 DE DECEMBRO, ÁS 8 DA TARDE, NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA DE AMIGOS DEL PAÍS (Praza Salvador Parga. 4 – xunto ao Conservatorio e Biblioteca Pública alí existentes) de SANTIAGO DE COMPOSTELA, PRESENTARASE A OBRA PUBLICADA POR SOTELO BLANCO EDICIÓNS NA SÚA COLECCIÓN MEDUSA NARRATIVA “NOS DOMINIOS DA INCERTEZA. HISTORIAS ECONÓMICAS”
|
Nos dominios da incerteza.doc
|
|
NOVA COLECCIÓN DE POESÍA "EDOY LELIADOURA" 06/11/2007
Autor: VV.AA.
Nova colección de poesía Edoy Leliadoura
|
|
|
|
I SEMANA DO MAR 23/10/2007
I Semana do Mar. Do 22 ao 26 de outubro. Santiago de Compostela
|
DipticoSemanaMar.pdf
|
|
BASES DO XIII PREMIO VICENTE RISCO DE CIENCIAS SOCIAIS 19/10/2007
Co fin de honrar a memoria de Vicente Risco e asemade axudar á consolidación da nosa cultura e á normalización lingüística do galego, os concellos de Allariz e Castro Caldelas e mais as Fundacións Vicente Risco e Sotelo Blanco convocan o XIII PREMIO VICENTE RISCO DE CIENCIAS SOCIAIS, dotado con 6.000 euros.
|
Bases Premio Risco 2007.pdf
|
|
Campaña de promoción da Lectura Infantil en Galego 06/10/2007
Campaña de promoción da Lectura Infantil en Galego «Tardes con Uxía e os pillabáns»
|
|
|
|
PROXECTO EDITORIAL SOTELO BLANCO 22/05/2007
Autor: EDUCACIÓN PRIMARIA 1º CICLO
Para calquera consulta respecto do Proxecto Editorial de Sotelo Blanco Edicións, pódese poñer en contacto co noso Departamento Comercial: Tlf. 986 405 051 // 629 404 935
|
|
|
|
CULTURGAL 08/05/2007
Autor: Feira do libro e da industria galega
http://www.culturgal.com
|
|
|
|
EXPOSICIÓN "O AFIADOR E O SEU OFICIO" 12/04/2007
Autor: FLORENCIO DE ARBOIRO
Este venres, 13 de abril, ás 12:30h. na sede da Fundación Sotelo Blanco (San Marcos, 77-Santiago) terá lugar a inauguración da Exposición O AFIADOR E O SEU OFICIO do artista e coleccionista Florencio de Arboiro.
|
dipticoAfiador (1).pdf
|
|
Presentación na librería Sargadelos 27/03/2007
Autor: CANÍCULA
A librería Sargadelos e Sotelo Blanco Edicións comprácense en convidalo(a) á presentación do libro de Mariña Pérez Rei publicado na colección Medusa Narrativa co título de CANÍCULA (Premio Lueiro Rey 2006)
|
presentacion canícula.doc
|
|
Fallado o XII Premio "Vicente Risco" de Ciencias Sociais 13/02/2007
Autor: Santiago Prado Conde
FALLO DO XII PREMIO "VICENTE RISCO2 DE CIENCIAS SOCIAIS
|
|
|
|
XII PREMIO VICENTE RISCO DE CIENCIAS SOCIAIS 09/02/2007
MAÑÁ, SÁBADO, ÁS 12:30 h. NA SEDE DA FUNDACIÓN SOTELO BLANCO, DARASE A COÑECER NUNHA ROLDA DE PRENSA A DECISIÓN DO XURADO DA XII EDICIÓN DO PREMIO “VICENTE RISCO” DE CIENCIAS SOCIAIS
|
Bases premio.pdf
|
|
PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO Ó LIBRO "O ELEFANTE DUNHA SOA ORELLA" 04/10/2006
Autor: X.Hernique Rivadulla Corcón
"O ELEFANTE DUNHA SOA ORELLA" GALARDOADO CO PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO NA CATEGORÍA DE 8 A 10 ANOS A Comisión de Normalización Lingüística da FEREGA-CECA (Escolas Católicas) organiza o Premio Literario "Frei Martín Sarmiento", no que rapaces de diversas idades len unha serie de libros do mercado editorial galego, e escollen o que cren mellor, para recomendalos como libros de lectura nos colexios. Este ano foi galardoado o libro de X.H.Rivadulla Corcón "O ELEFANTE DUNHA SOA ORELLA" , na categoría de 8 a 10 anos. A entrega do Premio será o sábado 21 de outubro no colexio La Salle de Santiago nun acto que se celebrará entre as 11 e as 13h. e no que participarán os rapaces que premiaron a obra gañadora.
|
|
|
|
CONVOCADO O XII PREMIO VICENTE RISCO DE CIENCIAS SOCIAIS 03/10/2006
Co fin de honra-la memoria de Vicente Risco e asemade axudar á consolidación da nosa cultura e á normalización lingüística do galego, os concellos de Allariz e Castro Caldelas e mailas Fundacións Vicente Risco e Sotelo Blanco convocan o XII PREMIO VICENTE RISCO DE CIENCIAS SOCIAIS, dotado con 6.000 euros (1.500 euros por cada un dos organizadores)
|
Risco díptico 2006.pdf
|
|
PRESENTACION DO LIBRO "POEMAS PARA PINTAR" 14/06/2006
Autor: Concha Blanco
Na Librería O Trasno Viaxeiro de Cacheiras (Teo) presentouse o libro infantil de Concha Blanco "Poemas para pintar". No acto interviron ademáis da autora, os alumnos e alumnas da escola da Igrexa-Cacheiras (CRA de Teo), Dolores Vázquez, Mª.Isabel Lavanderia e Carme Hermida, directora de publicacións Infantís e Xuvenís
|
presentación Poemas.jpg
|
|
CONVENIO DE COLABORACION ENTRE A UNIVERISDADE DA CORUÑA E A FUNDACIÓN SOTELO BLANCO 01/06/2006
ASÍNASE UN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FUNDACIÓN SOTELO BLANCO E A UNIVERSIDADE DA CORUÑA
|
|
|
|
XURXO SIERRA VELOSO GAÑADOR DO VII PREMIO RISCO DE CREACIÓN LITERARIA 21/04/2006
Fállase o VII Premio Risco de Creación Literaria.
|
|
|
|
1ª FEIRA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL GALEGO EN AREA CENTRAL 29/03/2006
ÁREA CENTRAL en colaboración co CONSORCIO EDITORIAL GALEGO e as editoriais BAÍA EDICIÓNS, SOTELO BLANCO EDICIÓNS e EDICIÓNS A NOSA TERRA organizan a 1ª FEIRA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL GALEGO,celebrouse nas instalacións do centro comercial Área Central o venres, día 31 de marzo e o sábado 1 e domingo 2 de abril
|
|
|
|
PRESENTACIÓN D’OS EOAS, DE EDUARDO PONDAL .NO ACTO SOLEMNE DE INAUGURACIÓN DO CENTENARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA 10/02/2006
O xoves, día 2 de febreiro do 2006, presentouse na Real Academia Galega nun acto solemne a versión definitiva e inédita d’Os Eoas de Eduardo Pondal, edición do profesor Manuel Ferreiro e os Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal, dos profesores Xosé Ramón Pena e Manuel Forcadela. Ambos os dous libros están coeditados por Sotelo Blanco Edicións e a Real Academia Galega.
|
|
|
|
COMPOSICIÓN DO XURADO DO XI PREMIO VICENTE RISCO 28/12/2005
COMPOÑENTES DO XURADO DO PREMIO VICENTE RISCO Como indican as Bases do XI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, dase a coñecer o xurado do dito premio. Este está composto por: - Teresa Devesa Graña, concelleira de Cultura do Concello de Allariz. - Fernando Acuña Castroviejo, profesor da Universidade de Santiago de Compostela. - Luís Martinez-Risco Daviña, da Fundación Vicente Risco. - Xusto Beramendi, profesor da Universidade de Santiago de Compostela. - Francisco Fernández Rei, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e académico, que actuará como Secretario.
|
|
|
|
XI PREMIO VICENTE RISCO DE CIENCIAS SOCIAIS 28/09/2005
Co fin de honra-la memoria de Vicente Risco e asemade axudar á consolidación da nosa cultura e á normalización lingüística do galego, os concellos de Allariz e Castro Caldelas e mailas Fundacións Vicente Risco e Sotelo Blanco convocan o XI PREMIO VICENTE RISCO DE CIENCIAS SOCIAIS, dotado de 6.000 euros.
|
|
|
|
A Fundación Sotelo Blanco organizou no mes de maio do 2005 diferentes actos para celebrar o 25 aniversario de Sotelo Blanco Edicións 02/05/2005
Sotelo Blanco Edicións cumpre neste 2005 vinte e cinco anos de compromiso co libro e a cultura galega. Para celebrar esta efeméride fíxose unha mostra que presentou os fitos e persoeiros que contribuíron a darlle forma a un proxecto editorial que desde o seu nacemento (1980) ata o presente conta con máis de 1.000 títulos publicados. Paralelamente, abriuse un foro de debate sobre aspectos destacados da realidade sociocultural galega, cos que se pretendeu favorecer unha reflexión sobre o ser galego e a evolución que marcará o futuro da nosa cultura.
|
|
|
|
A nosa Memoria 01/05/2005
Artigo de Olegario Sotelo Blanco para a exposición A Nosa Memoria.
|
memoria.pdf
|
|
A Fundación Sotelo Blanco pon os alicerces dun novo proxecto que vai máis alá: MUSEO GALEGO DA EMIGRACIÓN Centro de Estudos Sociais 01/05/2005
Preténdese implantar un Museo Galego da Emigración, que sería o primeiro en Galicia, no marco do complexo cultural da Fundación Sotelo Blanco, no que xa desenvolven as súas actividades Sotelo Blanco Edicións, editorial que estes días celebra o seu 25 aniversario en defensa da lingua e a cultura galegas, e o Museo de Antropoloxía de Galicia, que está a piques de cumprir dez anos de actividade ininterrompida a prol do mundo rural galego.
|
|
|
|
Dous libros para celebrar os 25 anos coa cultura galega: 25 anos coa cultura galega. Vinte e cinco perspectivas para o século XXI Antoloxía poética. Leliadoura (1985-1997) 01/05/2005
Sotelo Blanco Edicións publicou o libro 25 anos coa cultura galega para celebrar o seu aniversario. Neste libro escriben vinte e cinco personalidades de diferentes eidos da vida cultural, universitaria, empresarial, bancaria, política, musical, etc. e ofrécennos as súas perspectivas para afrontar o século XXI.
|
|
|