Xente que nunca antes morrera

Email
Cun estilo narrativo incisivo, preciso, sen concesións a ningunha caste de retórica literaria, e cun dominio léxico pouco común, Antonio Pichel debuta con excelente oficio no panorama literario galego tras gañar o Premio Lueiro Rey de novela curta do Concello do Grove.

Prezo
11,00 €
Prezo / kg:
Descrición

A morte accidental, dun investigador universitario estranxeiro, trae desde Dallas a Compostela a unha detective privada disposta a resolver en beneficio da compañía de seguros un caso que a xustiza local deu por pechado, dadas as evidencias. Ao verse mergullada na realidade humana e xeográfica dunha Galicia profunda, noutros tempos nutridamente rural e hoxe absolutamente anémica demograficamente, a investigadora toma contacto cunha serie de personaxes que son en aparencia transparentes para ela, pero que, segundo vai desenvolvendo as pescudas, presentan personalidades complexas abaneadas por existencias crueis.

A profesional semella ser unha desas persoas que pensa que a verdade nos fai libres ou, cando menos, conscientes. Pero o que entendemos por verdade preséntase moitas veces coma un simple chanzo no camiño á nada, ao baleiro da morte. Xente que nunca antes morrera trasládanos a un escenario glocal esgazado, escindido en dúas metades que se repelen, pero que non teñen máis remedio que fluír en paralelo.

Esta novela curta é un flash de alta potencia que mexe as estruturas do thriller psicolóxico para mostrarnos que «os seres humanos non somos deste mundo», senón simples pasaxeiros da existencia nun universo continxente no que o diñeiro, o poder, o amor… todos aqueles impulsos que sempre se consideraron motores da vida humana, non son máis que ilusións duns seres que apenas son «agregados de átomos asoballados pola inmensidade do universo».

Autor/a:
Antonio Pichel Beleiro
ISBN:
978-84-7824-643-4
Páxinas :
98

Noticias

Novidades da Trabe